Os nosos equipos acadaron esta fin de semana en Meira un resultado histórico para o club, acadando a vitoria en 5 das 12 categorías.
Alevín Feminino
O noso equipo parteu como segunda no Campionato Territorial, nunca regata moi curta e explosiva. A pesar das duras condicións as nosas remeiras lograron ser as máis rápidas cun tempo de 2'42".
Infantil Feminino
O equipo IF partía como un dos favoritos sendo o máis rápido en moitas das regatas de "liguiña". Estas despois de maniobrar de primeiras foron capaz de impoñerse cunha vantaxe de 2" sobre as da Pobra. A nosa embarcación de Náutico de Boiro rematou en quinta posición.
Cadete Feminino
As Cadetes partían nunha final moi disputada. A pesar de ser as campionas no Territorial Norte, as embarcacións do sur presentaban un alto nivel. Samertolomeu marcaba o mellor tempo na primeira ceavoga e Mecos na segunda. No longo final, as nosas remeiras lograron coller cabeza finalizando en primeira posición cun tempo de 8'19", tres segundos mellor que a segunda clasificada.
SUB-23 Feminino
A final galega repetía as catro mesmas embarcacións do Territorial Norte. As nosas remeiras, que remataran segundaa a semana pasada, mantiveron esta posición durante toda a regata ata a meta, acadando a prata.
Absoluto Feminino
As nosas remeiras partian pola boia 3 con Chapela (as vixentes campioas) no carreiro catro. A regata estivo moi desputada entre Cabo, Chapela e Ares ata a última ceavoga, onde as nosas colleron cabeza ata rematar a regata victoriosas. A nosa embarcación absoluta feminina non remataba primeira desde o 2016.
Alevín Masculino
A embarcacións máis miida do club partía polo carreiro número un nunha regata que prometía ser moi axustada. Estes tras unha boa saída remataron en cuarta posición, a menos de medio segundo dos terceiros clasificados con Vila de Cangas como vencedor.
Infantil Masculino
O noso equipo partía con opcións a medalla mais cunha quenda complicada. A pesar de facer a maniobra en terceira posición o noso equipo rematou en cuarta posición, nun axustado final onde os segundos, terceiros e cuartos clasificados entraron a menos de un segundo de diferencia nunha desputada regata.
Cadete Masculino
A nosa embarcación partía como segunda no Campionato Territorial, onde a Pobra conseguira impoñerse. A regata comezou con Rianxo en cabeza, seguida moi de preto por Cabo e A Pobra. Na segunda ceavoga os de Rianxo e os nosos marcaban o mesmo crono mais finalmente os rianxeiros levaron a vitoria por un escaso marxe de 64", rematando a nosa embarcación cunha meritoria prata que da pase ao campionato estatal.
SUB-23 Masculino
Os nosos remeiros partían polo carreiro tres como campións terriotirais. Porén, a embarcacións de Bueu poñiase en cabeza dende a primeira ceavoga, posición que foi quen de manter ata a meta. A nosa embarcación rematou en segunda posición traendo a prata para a casa.
Absoluto Masculino
A nosa embarcación partía con boas sensacións despois de impoñerse como campións territoriais. Esta foi quen de marcar cabeza de regata desde a primeira maniobra, mantendo esta posición ata a meta.
Con esta última vitoria os nosos equipos acadaban as cinco bandeiras que marcan un récord histórico para o noso club e dandolle os pases para o campionato estatal que se celebra esta fin de semana en Sestao (Bizkaia).